viernes, 1 de junio de 2012

VISITA A FRIPUSA

Hoxe os rapaces/as do Centro Ocupacional do CAD realizaron unha visita a Frigoríficos Puebla S.A. (FRIPUSA). Nesta planta frigorífica os nosos rapaces puideron ver a actividade que se desenvolve cada día nas súas 10 cámaras que preservan os alimentos, maiormente túnidos, a temperaturas inferiores a -18º.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto de Inserción Laboral da Persoa con Discapacidade, que está subvencionado pola Diputación de A Coruña.

Agradecémoslle ao xerente da empresa, José Manuel García Escurís, que nos brindase a oportunidade de ver o funcionamento da factoría e a explicación tan amena que nos proporcionou.

Subvenciona:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Déixanos aquí as túas dudas, suxerencias ou preguntas.
Grazas.