martes, 4 de septiembre de 2018

SUBVENCION DO FONDO SOCIAL EUROPEO PARA O SERVIZO DE ATENCION TEMPERÁ

A Agrupación de Concellos de A Pobra, Ribeira e Boiro vén de recibir unha subvención da Consellería de Politíca Social da Xunta de Galicia,  para a prestación de Servizos de Atención temperá, confinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

Con esta subvención mantense un Equipo multidisciplinar de Pedagoga-Coordinadora, Psicóloga e dúas Logopedas, que da cobertura a nenos/as con problemas no desenvolvemento ou risco de padecelos, de 0 a 6 anos, no marco da Rede Galega de Atención Temperá.





Servizo de Atención Temperá

Agrupación de concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

O obxectivo (O.T.9) é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.

viernes, 17 de abril de 2015

APROBADA SUBVENCION SERVIZOS SOCIAIS - DEPUTACION DA CORUÑA

A Deputación da Coruña publicou a  Resolución  pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FOAXCA: dirixido a concellos e outras entidades locais para o mantemento de servizos sociais ano 2015.

BOP Num. 71 de 17 de Abril de 2015.


O Concello da Pobra é beneficiario dunha achega de 30.317,15 € para desenvolver o Proxecto: CENTRO INTEGRAL DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE: ATENCIÓN TEMPERÁ, APOIO PSICOSOCIAL E PEDAGÓXICO, E CENTRO OCUPACIONAL.



Subvenciona:

 

miércoles, 1 de abril de 2015

APROBADA SUBVENCIONS PROMOCION ECONÓMICA - INVESTIMENTO . DEPUTACION DA CORUÑA


A Deputación da Coruña publicou a  Resolución da concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FOAYIA: dirixido a concellos e outras entidades locais para Investimentos de Promoción Económica durante o ano 2015.




O Concello da Pobra é beneficiario dunha achega de 10.449,30 € para desenvolver o Proxecto: ARRANXO FACHADA DO CENTRO INTEGRAL DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE.


Subvenciona:





martes, 10 de marzo de 2015

APROBADA SUBVENCION ANIMADORES CULTURAIS - DEPUTACION DA CORUÑA

A Deputación da Coruña publicou a  Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FO206: dirixido a concellos e outras entidades locais para a contratación de ANIMADORES CULTURAIS durante o ano 2015.

BOP Num. 46 de 10 de Marzo de 2015.


O Concello da Pobra é beneficiario dunha achega de 7.211,98 € para desenvolver o Proxecto: ANIMADOR CULTURAL PARA O CENTRO INTEGRAL DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE.




Subvenciona:


lunes, 9 de marzo de 2015

APROBADA SUBVENCION PROMOCION ECONOMICA - ACTIVIDADES - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña publicou a  Resolución de concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FOAYAA: dirixido a concellos e outras entidades locais para Actividades de Promoción económica durante o ano 2015.

BOP Num. 45 de 9 de Marzo de 2015.


O Concello da Pobra é beneficiario dunha achega de 1.994,79  € para desenvolver o Proxecto: PROXECTO DE INTEGRACION LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE: CURSO ELABORACIÓN/CONSERVACION DE PLATOS PRECOCIÑADOS. 


Subvenciona:




jueves, 10 de julio de 2014

APROBADA SUBVENCION SERVIZOS SOCIAIS - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña publicou a  Resolución n.º 2014/12482 pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FOAXCA: dirixido a concellos e outras entidades locais para o mantemento de servizos sociais ano 2014.

BOP Num. 130 de 10 de Julio de 2014.


O Concello da Pobra é beneficiario dunha achega de 27.727,26 € para desenvolver o Proxecto: CENTRO INTEGRAL DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE: ATENCIÓN TEMPERÁ, APOIO PSICOSOCIAL E PEDAGÓXICO, E CENTRO OCUPACIONAL.


Subvenciona:

martes, 10 de junio de 2014

APROBADA SUBVENCION ANIMADOR/A CULTURAL - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña publicou a Resolución definitiva de concesión de subvencións correspondentes ao programa FO206 2014.  
BOP Num. 109 de 10 de Junio de 2014.

O Concello da Pobra é beneficiario dunha achega de 7.184,49 € para a CONTRATACION DUN ANIMADOR/A CULTURAL.


Subvenciona:

martes, 20 de mayo de 2014

APROBADA SUBVENCION INVESTIMENTOS DE PROMOCION ECONÓMICA - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña publicou a Resolución definitiva de concesión de subvencións correspondentes ao programa FOAYIA 2014.
BOP Num. 94 de 20 de Maio de 2014.

O Concello da Pobra é beneficiario dunha achega de 3.584,44 € para a Instalación dun Toldo no Hall do CAD.



Subvenciona:

APROBADA SUBVENCION CURSO DE CATERING - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña publicou a Resolución definitiva de concesión de subvencións corrspondentes ao programa FOAYA 2014.  BOP Num. 94 de 20 de Maio de 2014


O Concello da Pobra é beneficiario cunha achega de 1.996,92 € para desenvolver o programa INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, e en concreto un CURSO DE CATERING.



Subvenciona:

jueves, 8 de agosto de 2013

SUBVENCION DA DEPUTACION DA CORUÑA - SERVIZOS SOCIAIS 2013

O CAD (Centro Integral de Atención á  Discapacidade do Concello da Pobra do Caramiñal), recibíu unha subvención por parte da DIPUTACIÓN DA CORUÑA de 27.894, 80 € para o desenvolvemento do Programa ATENCIÓN TEMPERÁ - APOIO PEDAGÓXICO E PSICOSOCIAL - CENTRO OCUPACIONAL.
Dita subvención enmárcase na Convocatoria de Subvencións dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia para o  DESENVOLVEMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2013

Subvenciona:

lunes, 3 de diciembre de 2012

SUBVENCION DEPUTACION DA CORUÑA - SERVIZOS SOCIAIS

O CAD (Centro Integral de Atención á  Discapacidade do Concello da Pobra do Caramiñal), vén de recibir unha subvención por parte da DIPUTACIÓN DA CORUÑA de 26.457,50 € para o desenvolvemento do Programa  INTERVENCION PSICOSOCIAL EN PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Dita subvención enmárcase na Convocatoria de Subvencións dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia para o  DESENVOLVEMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2012

Subvenciona:

miércoles, 27 de junio de 2012

VISITA Ó MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA

Os usuarios/as do C.A.D. achegámonos hoxe á escola dos nosos avós, visitando o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia). Poidemos ver reproducción das aulas cos pupitres de madeira e os tinteiros; as láminas que utilizaban os mestres daquela para ensinar anatomía, xeografía ..., etc; unha colección de xoguetes e xogos tradicionais; maquetas de colexios... Foi unha mañan divertida.
Grazas Emilio por facer amena a visita.


Subvenciona:

viernes, 1 de junio de 2012

VISITA A FRIPUSA

Hoxe os rapaces/as do Centro Ocupacional do CAD realizaron unha visita a Frigoríficos Puebla S.A. (FRIPUSA). Nesta planta frigorífica os nosos rapaces puideron ver a actividade que se desenvolve cada día nas súas 10 cámaras que preservan os alimentos, maiormente túnidos, a temperaturas inferiores a -18º.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto de Inserción Laboral da Persoa con Discapacidade, que está subvencionado pola Diputación de A Coruña.

Agradecémoslle ao xerente da empresa, José Manuel García Escurís, que nos brindase a oportunidade de ver o funcionamento da factoría e a explicación tan amena que nos proporcionou.

Subvenciona:

miércoles, 16 de mayo de 2012

5º ANIVERSARIO DO CAD

Como cada Maio, o CAD engalánase para conmemorar o seu nacemento.
Usuarios e familia, técnicos, corporación municipal, e máis convidados como servizos sociais da comarca e representantes de Amicos e Ambar, celebramos nesta soleada tarde unha grata xuntanza. Os sons das pandereteiras Luminaria amenizaron o encontro.

Posteriormente os rapaces/as do Taller Ocupacional de Cociña do CAD nos agasallaron cuns exquisitos tentempés. Todo delicioso!


Subvenciona:

lunes, 9 de abril de 2012

VISITA A JEALSA - 09/04/2012

Seguindo coa programación do Proxecto de Inserción Laboral da Persoa con Discapacidade, subvencionado pola Diputación de A Coruña, o luns 9 de abril realizamos unha visita guiada á empresa de Jesus Alonso, JEALSA, co fin de coñecer de primeira man a realidade laboral desta empresa.
Agradecémoslle a súa colaboración no desenvolvemento deste programa.


Subvenciona:

viernes, 24 de febrero de 2012

VISITA A LAVANDERIA FLISA- SANTIAGO

Hoxe os rapaces/as do Centro Ocupacional do CAD realizaron unha visita á Lavandería FLISA, que Grupo Fundosa - Fundación Once ten no Polígono Industrial do Tambre en Santiago de Compostela.
Flisa é unha rede de lavanderías industriais creada no 1990 co obxectivo de xerar emprego estable e de calidade para o colectivo de persoas con discapacidade.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto de Inserción Laboral da Persoa con Discapacidade, que está subvencionado pola Diputación de A Coruña.


Subvenciona:

miércoles, 22 de febrero de 2012

Desfile de Antroido


Como todolos anos, os nenos e nenas do CAD xunto coas súas familias e os técnicos que traballamos neste centro, disfrazámonos no Antroido.
Desfilamos polas rúas de A Pobra dando un toque de cor vestidos de Pintores e levando un cadro de Miró.

Ganamos o 6º Premio. Parabens a todos e a todas!!!

miércoles, 11 de enero de 2012

FESTIVAL DE REIS 2012

Un ano máis o CAD celebrou o Festival de Nadal por tódolo alto. As estrelas como sempre, foron os nenos e nenas que nos deleitaron con obras de teatro e coreografías malabaristas.
Podedes ver a nova no xornal da VOz de Galicia de hoxe 11 de xaneiro de 2012.