viernes, 22 de julio de 2011

SUBVENCION DA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR - ANO 2011





Outro ano mais a Consellería de Traballo e Benestar, a través dos Programas de Cooperación concedeu unha subvención para o desenvolvemento dos Obradoiros Ocupacionais do CAD, posibilitando a contratación de 5 tecnicos: 3 monitores dos obradoiros (xardinería, informática e Manualidades), 1 animador sociocultural e 1 ordenanza.

jueves, 21 de julio de 2011

SUBVENCIONS DEPUTACION DA CORUÑA - ANO 2011


A Deputación de A Coruña vén de conceder ó Concello da Pobra do Caramiñal dúas subvencións para o Centro de Atención á Discapacidade:

PROMOCION ECONOMICA:
  • Para actividades de : Curso de Entremeses e Canapés e Visitas a empresas;
  • Equipamento e Infraestructura para o CAD
SERVIZOS SOCIAIS: Obradoiros Ocupacionais e Coordinador/a dos mesmos.

viernes, 27 de mayo de 2011

CHARLA: A INTEGRACION LABORAL DA PERSOA CON DISCAPACIDADE - 10 Xuño 2011

Dentro das actividades programadas do Proxecto "Inserción Laboral da Persoa con Discapacidade", subvencionado pola Diputación de A Coruña - Actividades de Promoción Económica, o CAD organiza unha CHARLA SOBRE EMPREGO E DISCAPACIDADE.

Don Ignacio Rodríguez Sáez - Secretario Xeral e Asesor Xurídico de COGAMI nos informara sobre Emprego e Discapacidade, O SIL (Servizo de Integración Laboral de Cogami) e Grupo de empresas de Cogami.


Día: 10 de Xuño.
Hora: 5 da tarde.

Subvencionado por:

jueves, 19 de mayo de 2011

4º ANIVERSARIO DO CAD - Maio 2011

O pasado Venres 13 de Maio ás 17:30 h tivo lugar o 4º Aniversario do CAD.

Estiveron presentes alcalde Isaac Maceiras, a concelleira de servicios sociais, Balbina Lojo, a directora do CAD Julia Rial, e o presidente de COGAMI Anxo Queiruga, acompañados dos usuarios do centro e dos seus familiares e amigos.

Contamos ademais coa compaña do grupo de gaitas Xiada da Pobra e do grupo de pandereteiras de Raquel Fernandez Soler, Luminaria.

Como tódolos anos, os rapaces/as do Obradoiro de Repostería, preparáronnos unhas delicatessens que saboreamos ó finalizar os actos.

A Voz de Galicia 19 de maio de 2011






miércoles, 6 de abril de 2011

FESTIVAL DE INTEGRACION

O pasado sábado 26 de marzo de 2011, o CAD organizou como cada ano o Festival de Integración, a prol da mesma entre persoas con e sen discapacidade.

Nesta ocasión contamos, xunto cos nosos actores e actrices, co grupo de Batuka do CEIP Salustiano Rey Eiras e do CEIP Maestú, co Grupo de Pandereteiras Luminaria da Pobra, e co Grupo de Baile do Tomasón.


Foi tal o éxito acadado polos nosos rapaces, que teñen peticións de Institutos e Colexios da zona para representar de novo as Obras de Teatro e Coreografías nas súas instalacións.

Bravo por eles!!!

martes, 1 de marzo de 2011

PROXIMAS VISITAS MARZO-ABRIL 2011

Xa temos a nova programación de visitas a empresas. Agradecemos a COGAMI a posibilidade que nos brindou de coñecer in situ o grupo empresarial Galega de Economía Social, proxecto para a creación de emprego das persoas con discapacidade.

Temos concertadas as seguintes visitas:
Subvencionado por:

VISITA A GADISA S.L.

Seguindo coa programación do Proxecto de Inserción Sociolaboral subvencionado pola Diputación de A Coruña, o pasado 14 de febreiro estivemos en Betanzos, no Polígono da Piadela, visitando as macroinstalacións do grupo GADISA S.L.
A visita durou arredor de hora e media, tíñannos preparados un vídeo presentación da empresa e logo de explicarnos os diferentes departamentos (marketing, informatica, loxística..) nos diriximos ó almacenaxe-stock dos seus productos.

Aproveitamos logo para coñecer as rúas de Betanzos. Os rapaces/as do CAD fixeron de guía turístico ensinándonos ós monitores/as os puntos de interese, a súa historia, monumentos e igrexas do pobo.

Subvencionado por:


miércoles, 19 de enero de 2011

FESTIVAL DE REIS 2011

Como cada ano, os usuarios/as do CAD deleitaron o pasado 4 de xaneiro de 2011 cun Festival de Reis no Cine Elma, ás súas familias e mais achegados. Levaban traballando arreo nos meses previos ó Nadal, con obras teatrais e coreografías impresionantes que emocionaron a todo o público.

Felicitar tanto ó grupo dos medianos como dos maiores polo seu esforzo para que pasásemos unha tarde chea de sorrisos, aplausos e tamén nalgún momento bágoas de emoción.

Pero a maior emoción foi a vivida por todolos usuarios/as do centro durante o sorteo da Wii que GADISA nos agasallou este ano. Dar as grazas a esta empresa porque cada ano non se esquecen de nós, e sempre polo Nadal nos agasallan con múltiples detalles para os nosos usuarios/as.

Como broche final do festival, tivemos o honor de contar coa presenza dos Tres Reises Magos de Oriente, que viñeron cunha chea de agasallos para cada un dos nenos/as do CAD. Que emoción!!


Como colofón final, todos e todas nos reunimos a tomar unhas delicatesen preparadas polos integrantes do Curso de Repostería do CAD. Que ricos!!!

Tamén saímos no xornal, na Voz de Galicia.


VISITA Ó CENTRO OCUPACIONAL A ESCADA

O vindeiro venres 21 de xaneiro de 2011 visitaremos o Centro Ocupacional do Concello de Culleredo. Un grupo de técnicos, voluntariado e usuarios/as do CAD apreciarán in situ a labor que están a desenvolver os profesionais deste centro municipal co colectivo de persoas con discapacidade.
Seguro que aprenderemos moito do seu traballo diario, e disfrutaremos todos dunha velada de confraternización.
Grazas a Raquel Jabares, Concelleira de Benestar Social do Concello de Culleredo, pola súa invitación.
Grazas ós técnicos da Escada, que nos recibirán con moito agarimo.
Grazas ós usuarios/as do centro ocupacional polo sonriso que seguro nos van a brindar durante a visita.

Subvencionado por: