jueves, 1 de julio de 2010

OBRADOIROS OCUPACIONAIS

O CAD comenzará os seguintes obradoiros ocupacionais en Xullo:
  • Obradoiro de Xardinería.
  • Obradoiro de Manualidades.
  • Obradoiro de Informática.

DESTINATARIOS: Persoas con discapacidade entre 16 e 35 anos dos Concellos de Pobra, Riveira e Boiro.
INFORMACION E INSCRICIÓNS: No CAD.

SUBVENCION DIPUTACION PROMOCION ECONOMICA 2010

A Deputación de A Coruña ven de conceder ó CAD unha subvención para a realización dun Taller de Repostería, e Visitas Guiadas a empresas. A finalidade destas actividades é a insercion laboral das persoas con discapacidade.
En breve poremos en marcha estas actividades.



SUBVENCION TRABALLO E COOPERACION

A Consellería de Traballo e Benestar ven de conceder para o CAD unha subvención para a posta en marcha dos Obradoiros Ocupacionais.

A través da convocatoria de Cooperación, imos ter nos vindeiros 6 meses a 5 novos profesionais: un monitor/a de xardinería, un monitor/a de manualidades, un monitor/a de informática, un animador/a sociocultural e un ordeanza.

En breve poremos en marcha os Obradoiros adicados a persoas con discapacidade de 16 a 35 anos.