lunes, 3 de diciembre de 2012

SUBVENCION DEPUTACION DA CORUÑA - SERVIZOS SOCIAIS

O CAD (Centro Integral de Atención á  Discapacidade do Concello da Pobra do Caramiñal), vén de recibir unha subvención por parte da DIPUTACIÓN DA CORUÑA de 26.457,50 € para o desenvolvemento do Programa  INTERVENCION PSICOSOCIAL EN PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Dita subvención enmárcase na Convocatoria de Subvencións dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia para o  DESENVOLVEMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2012

Subvenciona:

miércoles, 27 de junio de 2012

VISITA Ó MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA

Os usuarios/as do C.A.D. achegámonos hoxe á escola dos nosos avós, visitando o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia). Poidemos ver reproducción das aulas cos pupitres de madeira e os tinteiros; as láminas que utilizaban os mestres daquela para ensinar anatomía, xeografía ..., etc; unha colección de xoguetes e xogos tradicionais; maquetas de colexios... Foi unha mañan divertida.
Grazas Emilio por facer amena a visita.


Subvenciona:

viernes, 1 de junio de 2012

VISITA A FRIPUSA

Hoxe os rapaces/as do Centro Ocupacional do CAD realizaron unha visita a Frigoríficos Puebla S.A. (FRIPUSA). Nesta planta frigorífica os nosos rapaces puideron ver a actividade que se desenvolve cada día nas súas 10 cámaras que preservan os alimentos, maiormente túnidos, a temperaturas inferiores a -18º.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto de Inserción Laboral da Persoa con Discapacidade, que está subvencionado pola Diputación de A Coruña.

Agradecémoslle ao xerente da empresa, José Manuel García Escurís, que nos brindase a oportunidade de ver o funcionamento da factoría e a explicación tan amena que nos proporcionou.

Subvenciona:

miércoles, 16 de mayo de 2012

5º ANIVERSARIO DO CAD

Como cada Maio, o CAD engalánase para conmemorar o seu nacemento.
Usuarios e familia, técnicos, corporación municipal, e máis convidados como servizos sociais da comarca e representantes de Amicos e Ambar, celebramos nesta soleada tarde unha grata xuntanza. Os sons das pandereteiras Luminaria amenizaron o encontro.

Posteriormente os rapaces/as do Taller Ocupacional de Cociña do CAD nos agasallaron cuns exquisitos tentempés. Todo delicioso!


Subvenciona:

lunes, 9 de abril de 2012

VISITA A JEALSA - 09/04/2012

Seguindo coa programación do Proxecto de Inserción Laboral da Persoa con Discapacidade, subvencionado pola Diputación de A Coruña, o luns 9 de abril realizamos unha visita guiada á empresa de Jesus Alonso, JEALSA, co fin de coñecer de primeira man a realidade laboral desta empresa.
Agradecémoslle a súa colaboración no desenvolvemento deste programa.


Subvenciona:

viernes, 24 de febrero de 2012

VISITA A LAVANDERIA FLISA- SANTIAGO

Hoxe os rapaces/as do Centro Ocupacional do CAD realizaron unha visita á Lavandería FLISA, que Grupo Fundosa - Fundación Once ten no Polígono Industrial do Tambre en Santiago de Compostela.
Flisa é unha rede de lavanderías industriais creada no 1990 co obxectivo de xerar emprego estable e de calidade para o colectivo de persoas con discapacidade.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto de Inserción Laboral da Persoa con Discapacidade, que está subvencionado pola Diputación de A Coruña.


Subvenciona:

miércoles, 22 de febrero de 2012

Desfile de Antroido


Como todolos anos, os nenos e nenas do CAD xunto coas súas familias e os técnicos que traballamos neste centro, disfrazámonos no Antroido.
Desfilamos polas rúas de A Pobra dando un toque de cor vestidos de Pintores e levando un cadro de Miró.

Ganamos o 6º Premio. Parabens a todos e a todas!!!

miércoles, 11 de enero de 2012

FESTIVAL DE REIS 2012

Un ano máis o CAD celebrou o Festival de Nadal por tódolo alto. As estrelas como sempre, foron os nenos e nenas que nos deleitaron con obras de teatro e coreografías malabaristas.
Podedes ver a nova no xornal da VOz de Galicia de hoxe 11 de xaneiro de 2012.