miércoles, 19 de enero de 2011

FESTIVAL DE REIS 2011

Como cada ano, os usuarios/as do CAD deleitaron o pasado 4 de xaneiro de 2011 cun Festival de Reis no Cine Elma, ás súas familias e mais achegados. Levaban traballando arreo nos meses previos ó Nadal, con obras teatrais e coreografías impresionantes que emocionaron a todo o público.

Felicitar tanto ó grupo dos medianos como dos maiores polo seu esforzo para que pasásemos unha tarde chea de sorrisos, aplausos e tamén nalgún momento bágoas de emoción.

Pero a maior emoción foi a vivida por todolos usuarios/as do centro durante o sorteo da Wii que GADISA nos agasallou este ano. Dar as grazas a esta empresa porque cada ano non se esquecen de nós, e sempre polo Nadal nos agasallan con múltiples detalles para os nosos usuarios/as.

Como broche final do festival, tivemos o honor de contar coa presenza dos Tres Reises Magos de Oriente, que viñeron cunha chea de agasallos para cada un dos nenos/as do CAD. Que emoción!!


Como colofón final, todos e todas nos reunimos a tomar unhas delicatesen preparadas polos integrantes do Curso de Repostería do CAD. Que ricos!!!

Tamén saímos no xornal, na Voz de Galicia.


VISITA Ó CENTRO OCUPACIONAL A ESCADA

O vindeiro venres 21 de xaneiro de 2011 visitaremos o Centro Ocupacional do Concello de Culleredo. Un grupo de técnicos, voluntariado e usuarios/as do CAD apreciarán in situ a labor que están a desenvolver os profesionais deste centro municipal co colectivo de persoas con discapacidade.
Seguro que aprenderemos moito do seu traballo diario, e disfrutaremos todos dunha velada de confraternización.
Grazas a Raquel Jabares, Concelleira de Benestar Social do Concello de Culleredo, pola súa invitación.
Grazas ós técnicos da Escada, que nos recibirán con moito agarimo.
Grazas ós usuarios/as do centro ocupacional polo sonriso que seguro nos van a brindar durante a visita.

Subvencionado por: