miércoles, 2 de junio de 2010

3º ANIVERSARIO DO CAD



O pasado 13 de maio de 2010 o CAD cumpriu 3 anos.

Tivemos unha tarde chea de eventos. Comenzamos cunha exhibicion do grupo de pandereteiras "Luminaria" que amenizou o comenzo dos actos.
Posteriormente a Directora do centro, a Concelleira de servizos sociais, e o Alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, dixeron unhas palabras sobre a traxectoria do noso centro nestes 3 anos.

Segíu unha visita guiada polas instalacións do CAD, onde todos os convidados puideron ver os servizos cos que conta o centro.
Seguidamente, houbo unha degustación de pinchos que elaboraron os participantes do OBRADOIRO DE COCIÑA, unhas delicatessen que nos fixeron chupar os dedos.

Tendes unha ampla reportaxe na Voz de Galicia do 18 de maio de 2010. Mais concreto aqui.

VISITA A ALFA3 ASESORIA

O pasado venres 21 de maio de 2010, realizamos a primeira visita guiada polas empresas do Barbanza, dentro do OBRADOIRO DE INSERCION LABORAL.
Visitamos a Asesoría Alfatres.
Alí Maria nos adicou a mellor explicación en canto a servizos e profesionais que traballan nesta empresa.

Agradecemos a Balbino e Cándido a atención prestada e que nos convidaran tan amablemente a coñecer a súa empresa.

VISITA A CARTOGAL


Outra visita que realizamos dentro do OBRADOIRO DE INSERCION LABORAL, foi á CARTOGAL- CARTON DE GALICIA (venres 28 de maio de 2010)
Nesta visita instruíronnos na fabricación dos diferentes tipos de cartón, así como a sua manipulación e distribución.
Agradecer a Julian Alvarez - Gerente de Cartogal a atención recibida, e a Tomás, o seu Xefe de Planta, que nos acompañou polas instalacións dándonos unha explicación tan comprensible de todo o proceso de fabricación do cartón.

VISITA A ACTEMSA



Dentro do OBRADOIRO de INSERCION LABORAL que o CAD estivo desenvolvendo, realizamos visitas guiadas a empresas da comarca.
A finalidade, é que os participantes coñeceran in situ a realidade laboral e coñeceran de primeira man o funcionamento das mesmas.
O pasado 27 de maio visitamos ACTEMSA. Agradecemos a Don Severino Escurís Batalla a atención prestada e o trato recibido.